O Home Que Prantaba Arbores

Prezados/as amigos/as.

Nun período curto de tempo, os seres humáns fumos quen destruir a herdanza dos nosos avos, fumos quen de por en perigo o equilíbrio necesário para a vida, fumos comprices coa nosa quietude da destruición mais vil, fumos quen de perder a nosa intima conesión coa natureza baseada no respeito e na diversidade.

Os mono-cultivos de eucalipto, as bagas de lume, o abandono dos sistemas tradicionais de explotación do monte, as políticas forestais, o caciqueo, a inorancia, a multipartición da propiedade e un uso antiecolóxico dos recursos baseados en criterios económicos son os principais culpabeis deste atraso cultural, que supón (sen non se pon remedio) a certa hipoteca do futuro dos nosos/as filllos/as.

Por ista razón, e porque non estamos dispostas a mirar a outro lado mentres seguimos dia a dia destruindo, queimando e explotando o monte e os nosos ricos e limitados recursos, cremos necesário mostrar publicamente a nosa repulsa e preocupación ante a situación actual na que se atopan os nosos rios, os nosos bosques, as nosas paisaxes.

Cremos por tanto, necesária unha acción directa que deixe atrás o falar por falar, que se torne por facer e actuar, por organizar-se e protestar.

Como outros anos a xente que formamos parte da Fundación “Sen Esquencer”, imos a xuntarnos ao redor do lume, do viño e dunhas lentellas fumegantes, para falar da vida, do mundo, e dos nosos soños. Xuntaremonos xente vida de todas partes, xente diversa e dispar, coma as arbores…. subiremos ao monte queimado para coas nosas propias mans devolver a vida que alí foi arrebatada.

Esta campaña, que nos chamamos-lle “plantamos contra a desfeita” e unha acción auto-xestionada pola Fundación Sen esquencer. As plantas e material de traballo, recabouse por medio de diversas doazóns de persoas anónimas que queren apoiar o proxecto.

Este ano temos unhas 300 plantas caducifolias para reforestar: Carvallos (5 tipos), Castiñeiros, Nogueiras, Salgueiros, Cerdeiras, Bidueiros, Espiños albares, Encinas, Sobreiras, Faia.

A terra é liberdade.

Un biko

Portomouro, Val do Dubra