VII Campo de traballo que organizamos a Fundación Sen esquencer a celebrar do 3 ao 12 de xulio de 2020, en Portomouro Val do Dubra (A Coruña).
Realizaranse obradoiros de cubertas, albanelería, traballo forestal, e restauración de forno de pedra.
As persoas interesadas en vir a compartir a esperiencia do traballo en
grupo e de paso aprender cousas de construcción, ferramenta, ecoloxia,
dereito etc ..os podedes anotar no noso correio info@senesquencer.org,
será necesario que traiades saco de durmir e tenda.
O Domingo día 12 de xulio as 12 h, impartiremos un curso
monográfico de dereito sobre “A PROPIEDADE PRIVADA, DO DIVINO E DO
HUMANO”, trataremos nel as diferencias xurídicas dos distintos tipos de
propiedade, e particularmente do reximen xurídico das fundacións,
patronato, protectorado, plan xeral contable, constitución, rexistro,
obrigas tributarias, funcións, vantaxes. Nun segundo termo tras o
xantar, falaremos sobre o rexistro da propiedade, catastro, urbanismo,
licenzas etc.
O curso será impartido polo avogado Fran del Buey Patrono e membro do colectivo xurídico terrum.
https://terrum.social/