
VII Campo de traballo que organizamos a Fundación Sen esquencer a celebrar do 3 ao 12 de xulio de 2020, en Portomouro Val do Dubra (A Coruña).
Realizaranse obradoiros de cubertas, albanelería, traballo forestal, e restauración de forno de pedra.
As persoas interesadas en vir a compartir a esperiencia do traballo en
grupo e de paso aprender cousas de construcción, ferramenta, ecoloxia,
dereito etc ..os podedes anotar no noso correio info@senesquencer.org,
será necesario que traiades saco de durmir e tenda.
O Sábado 18 de Xulio as 20,30 h, impartiremos un curso monográfico de dereito sobre “AS FUNDACIÓNS- A PROPIEDADE PRIVADA, DO DIVINO E DO HUMANO”, trataremos nel as diferencias xurídicas dos distintos tipos de propiedade, e particularmente do réxime xurídico das fundacións, padroado, protectorado, plan xeral contable, constitución, rexistro, obrigas tributarias, funcións, vantaxes. Falaremos tamén sobre o rexistro da propiedade, catastro, urbanismo, licenzas etc.
O Domingo 19 de Xulio as 20,30 h, impartiremos un curso práctico básico sobre o “Ingreso Mínimo Vital”, ¿Que é?, ¿Cal é a súa función?, ¿Como se solicita?, ¿Cales son os requisitos? ¿Que documentación preciso e como obtela? Todas as craves xurídico sociais.
O curso será impartido polo avogado Fran del Buey Patrono da Fundación Sen Esquencer, e coordinador da Plataforma Xurídica terrum.social

